POLÍTICAS DE PRIVACIDADE
Condicións
Co obxectivo de protexer os dereitos individuais, en relación cos tratamentos automatizados e coa vontade de ser transparentes co Usuario, designlucina.com establece unha política que recolle o conxunto destes tratamentos, os fins perseguidos por estes últimos, a lexitimidade dos mesmos e tamén os instrumentos dispoñibles para o Usuario para que poida exercer os seus dereitos.
A navegación neste sitio web implica a aceptación total das seguintes disposicións e condicións de utilización. Aceptarase o uso de cookies. No caso de non estar de acordo, envía un correo electrónico a laura@designlucina.com.
A versión actualizada desta política de privacidade será a única aplicable durante a duración da utilización do sitio web ata que non haxa outra versión que a substitúa.
Para máis información complementaria sobre a protección de datos persoais consulta a páxina web:
Recollida de datos
Os datos son recollidos polo TITULAR.
Un dato de carácter persoal refírese a toda a información referida a unha persoa física identificada ou identificable (persoa afectada). Enténdese como identificable a persoa que poida ser identificada, directa ou indirectamente, especialmente por referencia a un nome, un número de identificación (DNI, NIF, NIE, pasaporte) ou a un ou varios elementos específicos, propios da súa identidade física, fisiolóxica, xenética, psíquica, económica, cultural ou social.
Os datos que, en xeral, serán recollidos son: Nome e apelidos, enderezo, correo electrónico, número de teléfono, data de nacemento ou datos relacionados cos medios de pago. Poderán recollerse outro tipo de datos, sendo informado o Usuario.
Lexitimación
A base legal para o tratamento dos teus datos persoais é:
- A correcta execución ou cumprimento do contrato.
- O interese lexítimo do TITULAR.
- O consentimento do usuario ou cliente para o tratamento dos seus datos.
Cookies
Durante a primeira navegación, aparecerá un banner explicativo sobre o uso de cookies, no que se recolle a posibilidade de aceptar todas as cookies ou só as cookies técnicas, esenciais para o funcionamento da plataforma; coa exclusión das cookies analíticas.
Para máis información, consulte a nosa política de cookies.
Dereitos do usuario
Infórmase ao usuario de que ten a posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Ademais, cada persoa dispón do dereito de limitación do tratamento relativo á súa persoa, do dereito de supresión da transferencia de datos persoais transmitidos ao responsable do tratamento e do dereito á portabilidade dos seus datos.
O usuario ten a posibilidade de presentar unha reclamación ante a AEPD (Axencia Española de Protección de Datos) ou ante o organismo competente da respectiva Comunidade Autónoma, cando non obteña unha solución satisfactoria no exercicio dos seus dereitos mediante unha solicitude dirixida á mesma.
Salvo que o usuario se opoña enviando un correo electrónico a la dirección: laura@designlucina.com, os seus datos poderán ser utilizados, no seu caso, se procede, para o envío de información comercial da marca Lucina e dos servizos proporcionados polo titular, Laura Pérez Navarro.
Os datos proporcionados serán conservados mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais.
O usuario é responsable de que a información que proporcione a través desta páxina web sexa certa, respondendo da exactitude de todos os datos que comunique e manterá actualizada a mesma para que reflictan unha situación real. O usuario será responsable de informacións falsas ou inexactas que proporcione e dos danos, molestias e problemas que puidesen causar a Laura Pérez Navarro ou a terceiros.
Esa información será gardada e xestionada coa debida confidencialidade, aplicando as medidas de seguridade informática necesarias para impedir o acceso ou uso indebido dos seus datos, a súa manipulación, deterioro ou perda. Non obstante, o usuario debe ter en conta que a seguridade dos sistemas informáticos nunca é absoluta. Cando se facilitan datos persoais por internet, esta información podería ser recollida sen o seu consentimento e tratada por terceiros non autorizados.
Laura Pérez Navarro declina toda responsabilidade sobre as consecuencias destes actos para o Usuario, se publicou voluntariamente a información.
Poderá acceder e exercitar eses dereitos mediante solicitude, por escrito e asinada, enviándoa ao domicilio Av. de Santiago 33, 3ºB, 32001, Ourense, Galicia, España, xunto coa fotocopia do DNI ou documento equivalente. Tamén poderá enviarse dita solicitude ao correo electrónico: laura@designlucina.com
Estes dereitos serán atendidos no prazo dun mes, que poderá ampliarse a dous meses se a complexidade da solicitude ou o número de solicitudes recibidas así o require. Todo iso sen prexuízo do deber de conservar certos datos nos termos legais e ata que prescriban as posibles responsabilidades derivadas dun posible tratamento, ou, no seu caso, dunha relación contractual.
Tratamento de datos persoais
A finalidade do tratamento dos datos persoais é para poder ofrecerte produtos e servizos de acordo cos teus intereses, mellorar a túa experiencia de usuario e, se é o caso, para o tratamento das túas solicitudes, peticións ou pedidos. Elaborarase un perfil comercial baseado na información que nos facilites. Non se tomarán decisións automatizadas baseadas nese perfil. Ademais, os datos proporcionados serán conservados mentres se manteña a relación comercial, sempre que o interesado non solicite a súa supresión, ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais.
Serán rexistrados no ficheiro de cliente e o seu tratamento quedará rexistrado no rexistro de tratamentos que debe levar o TITULAR (antes do 25 de maio de 2018 tamén podería estar incluído no ficheiro elaborado cos datos persoais rexistrado na AEPD (Axencia Española de Protección de Datos) ou no órgano competente da respectiva Comunidade Autónoma).
Comunicación dos datos
Os datos persoais do Usuario poderán ser comunicados eventualmente a terceiros relacionados co TITULAR por contrato para a realización das tarefas necesarias para a xestión da súa conta como cliente e sen necesidade de obter a súa autorización. Tamén, no caso de ter que realizar comunicacións ás autoridades se o Usuario cometese accións contrarias á Lei ou incumprise o contido do aviso legal.
Os datos do Usuario poderán ser comunicados a outras empresas do grupo, se existisen, para fins administrativos internos que poidan supoñer un tratamento deses datos.
Os datos persoais do Usuario poderán ser transferidos a un terceiro país ou a unha organización internacional, pero informarase ao Usuario cando se produza esa transferencia, así como das condicións da mesma e do destinatario.
Cando algúns datos sexan obrigatorios para acceder a funcionalidades concretas do sitio web, o TITULAR indicará dito carácter obrigatorio no momento da recollida dos datos do Usuario.