MARCA A DIFERENZA:
¿A túa identidade conecta co teu público?
Listo para Brillar?
Descubre cómo che axudo a crear unha Marca de Éxito

A través dunha videollamada e un brief ou formulario, exploraremos a esencia e valores da túa marca para descubrir o seu verdadeiro brillo e sentar as bases do éxito.

A partir da esencia da túa marca, deseñaremos unha estratexia personalizada que resoe coa túa audiencia. Definiremos os pilares da túa marca e estableceremos un plan de acción claro para alcanzar os teus obxectivos.

Coa estratexia en man, comezaremos a deseñar os elementos visuais que representarán a túa marca. Desde o logotipo ata a paleta de cores e tipografía, cada detalle será coidadosamente elaborado para reflectir a túa identidade única.

Implementamos a túa nova identidade visual en todos os puntos de contacto cos teus clientes. Cada elemento será coidadosamente integrado para asegurar unha presenza coherente e atractiva, reflectindo fielmente a esencia da túa marca.

Realizamos unha revisión final, onde recibirás todos os recursos necesarios para poder xestionar a túa marca con confianza. Ademais, proporcionareiche unha guía de estilo para manter a coherencia visual no futuro.
PACK BÁSICO:
Identidades Esenciais
PACK BÁSICO:
Identidades Esenciais
QUE INCLÚE?
- Deseño de logotipo e as súas variantes.
- Paleta de cores e estilos tipográficos.
- Íconos e/ou texturas gráficas.
- Manual básico de uso da marca.
Desde 500€
PACK ESTÁNDAR:
Marcas Profesionais
PACK ESTÁNDAR:
Marcas Profesionais
QUE INCLÚE?
- O incluído no Pack Básico.
- Deseño de tarxetas de visita.
- Plantillas para a papelería corporativa (Word, PowerPoint, Canva, PDF).
- Guía para o uso das plantillas.
- Manual de marca detallado.
Desde 1000€
PACK AVANZADO:
Presenza Dixital
PACK AVANZADO:
Presenza Dixital
QUE INCLÚE?
- O incluído no Pack Estándar.
- Deseño e desenvolvemento da túa páxina web (ata 5 páxinas).
- Optimización SEO básica.
Desde 2500€
PACK PREMIUM:
Marcas de Luxo
PACK PREMIUM:
Marcas de Luxo
QUE INCLÚE?
- O incluído no Pack Avanzado.
- Tipografía exclusiva para a túa marca.
- Deseño de material promocional.
- Deseño de plantillas para redes sociais.
- Guía para o uso das plantillas.
- Consultoría branding.
Desde 5000€
→ Preguntas frecuentes.
Necesitarás completar un brief ou formulario e participar nunha videollamada inicial para explorar a esencia e os valores da túa marca, garantindo que a túa identidade final marque a diferenza.
O tempo de entrega varía segundo o pack e a complexidade do proxecto. Xeralmente, os prazos estimados son:
- Básico: De 2 a 4 semanas.
- Estándar: De 4 a 6 semanas.
- Avanzado: De 3 a 4 meses.
- Premium: De 6 a 12 meses.
Si, todos os packs poden ser personalizados para axustarse ás túas necesidades específicas. Podemos discutir calquera axuste durante a fase inicial do proxecto.
Podemos engadir servizos adicionais a calquera paquete. Isto discutirase e orzará por separado segundo as túas necesidades.
Si, pódense realizar axustes en cada fase para garantir que o resultado final cumpre coas túas expectativas.
O pago realízase en varias etapas: un adianto para iniciar o proxecto, pagos intermedios segundo o avance e un pagamento final para concluir o proxecto.
Si, ofrezoo soporte para resolver calquera dúbida ou problema que poidas ter despois da entrega.
Mantereiche informado sobre os avances do proxecto vía correo electrónico. Ademais, contaremos con 3 reunións por videollamada para momentos clave: briefing ou estudo inicial da marca, revisión do moodboard e estratexia da marca, e revisión final.